My Year In Sport (2018)

Video creado por Strava

Ver en PeerTube

No monte pasei a maior parte de esas 280 horas en 238 días durante 2018. Sexa en bici, correndo e participando en eventos competitivos (aka carreiras) ahí estiven desfrutando.

3879 quilómetros

Kms. 2018 2017
Correr 1804 1216
Ciclismo 2009 2212
SUP/Nadar 41.6 50

corrín moitos máis quilómetros que o ano pasado. Creo que foi porque saín a correr moitas veces a ritmo moi suave, así recuperas mellor e non te queimas, en lugar de sesións máis longas ou duras. O esforzo gardeino para as carreiras.

288 horas

Tempo 2018 2017
Correr 190 126
Ciclismo 82 93
SUP/Nadar 10 13

A única pega que lle poño é que en ciclismo moitas de esas horas foron de facer rodillo, que está ben cando fai mal tempo permíteche seguir activo, pero eso non é andar en bici.

Xa me parecía que levaba un bo ano en canto a cantidade de horas e número de actividades realizadas. Ademáis das carreiras, que corrín máis ou menos como cada ano, notei que estiven moitos días activo. Baixar a intensidade un pouquiño nos adestramentos permíteche ter unha maior recuperación.

Sobre o SUP debo dicir que me ~~joderon vivo~~ fastidiaron cando me pediron os papeis para poder utilizar o río. Así que este ano ou saco a licenza ou terei que limitarme ao mar.

Trailrunning

Das 19 carreiras populares nas que participei, 12 foron Trails. Das sete restantes, catro corrinas descalzo 👣

Dame apuro dicilo, por seguir a ceifa, pero outro ano máis que non me lesiono e só tiven unha semana parado por un par de días ben jodido, alá por febreiro, con unha especie de gripe(?). O resto do ano só tiven as molestias puntuais consecuencia de algún día que te pasas ou de acumular días consecutivos (o ibuprofeno segue indo a menos).

Pois nada, de hoxe un ano todo igual.