A viñeta de Schrödinger

imaxe da web

A Mesa pola normalización linguística publica desde agosto de 2018 a revista trimestral de banda deseñada A viñeta de Schrödinger.

Escribo en tempo presente aínda que levamos dous números ate o momento (agosto e decembro, 2018).

Son moitas as dificultades que hoxe en día xurden no camiño cando un quere atopar un número de persoas lectoras suficientemente grande que sexa suficiente para manter económicamente vivo un proxecto editorial que se publica en papel.

O cómic, ou banda deseñada, pertence a ese grupo de estilos literarios con moitos prexuizos por parte da poboación xeral como para, xa de partida, ter a consideración de un grande número de potenciais clientes. Ben pensado, calquera produto carrega prexuizos mais mentras uns axudan a que ate as moscas merquen o teu produto semella provocar indiferencia cando non certos estigmas.

Para complicar un pouco máis a situación, canta xente lé en galego?

Non me gusta o tono derrotista e ir dando mágoa, así que non afondarei en este apartado, pero sináloo porque no editorial dos dous números é unha referencia o convite a subscribirse a revista para axudar a súa viabilidade económica.

os dous números publicados na data

A revista

Naceu con vocación de ser un escaparate para que autoras/es galegos que levan décadas de traballo con recoñecemento internacional tivesen oportunidade de por en valor a súa traxectoria e colaborar dándolle un empurronciño as que agora comezan.

Coa dirección do proxecto en mans de Kiko da Silva, máis dunha ducia de autoras/es presentan traballos orixinais en formato de historias curtas autoconclusivas, xa individuais ou pertencentes a unha serie; e tamén capítulos que desenvolven o argumento en cada número.

Probablemente Miguel Anxo Prado sexa o autor que actúa como cabeza tractora para un público máis amplo debido a súa traxectoria e participación en proxectos audiovisuais. En estos dous primeiros números presenta dúas historias moi diferentes, sendo a primeira luminosa na súa presentación, con argumento nostálxico e alegre; na segunda é unha crítica ao cinismo dos tempos que vivimos. Escura e lúgubre.

Eu non son afeccionado a ler banda deseñada, e non teño máis referentes que os cómics da miña xuventude para ter un criterio co que valorar esta obra. Si algo aprendín ao ler a Mortadelo, Asterix, Rompeteitos, … foi que os cómics pódelos ler unha dúcia de veces e sempre atopas un matíz que non lembrabas da lectura anterior. Algunha das historias de esta revista permiten voltar a miralas e velas con ollos diferentes.

Divulgación

Aproveita a publicación para presentar nunha pequena entrevista nas páxinas centrais a persoeiros relevantes na escena internacional con un traballo orixinal e destacado.

viñeta de Sarah Andersen

por Sarah Andersen

Sarah Andersen ocupa este espazo no primeiro número e Albert Monteys no segundo.

O gato

No nome da revista xógase coa improbabilidade da existencia de un futuro para este proxecto a conta do famoso experimento teórico deseñado por Erwin Schrödinger.

Schrodin Alive

Schrödin é un dos protagonistas dunha desas historias curtas que máis me gustou, probablemente polo humor, pero sobre todo polo ben caracterizado que está xa desde a primeira viñeta. Xógase co seu reverso cuántico, que mantén porén o mesmo carácter 😂

Schrodin Alive

Non sei se terei o número tres na man, pero vaia desde aquí o desexo de unha longa vida.


Non teño permiso para reproducir aquí a obra, aínda que Sarah sí que o permite explícitamente, creo que lle fai máis ben ca mal a publicidade.