El Atlas de las Nubes

Título: El atlas de las nubes (2004) Autor: David Mitchell Portada da primeira edición.

En primeiro lugar debo anunciar as malas novas: trátase de historias coñecidas, incluso de argumentos coñecidos. O autor polo menos é honesto en este aspecto e no propio libro pon na boca dun dos protagonistas o seguinte

_Pero, en general, saqué la conclusión de que aquella historia de una joven periodista que desenmascara la corrupción de las multinacionales podía venderse bien. (El fantasma de sir Felix Finch lloriquea: «¡Pero si eso está más visto que el tebeo!».… **¡Como si existiese algo que no se haya repetido ya mil veces desde Aristófanes! **¡Como si el arte fuese el Qué y no el Cómo!)_.

A partir de aquí todo son boas novas.

E si nos fixamos no Cómo, en outro momento tamén di

He pasado estas dos semanas en la sala de música, reelaborando los fragmentos de este año para integrarlos en un **«sexteto para solistas que se solapan»**: piano, clarinete, chelo, flauta, oboe y violín, cada uno en su clave, escala y timbre. En la primera parte, cada solo se ve interrumpido por el siguiente; en la segunda, se retoma cada interrupción, en orden inverso. ¿Idea revolucionaria o efectismo insustancial?

Esta tamén é a estructura do libro, seis historias aparentemente independentes pero conectadas e narradas con un estilo moi diferente unha de outra.

Pasar nun santiamén de ler un relato estando metido na cabeza dun histriónico editor de libros a fináis do século XX, a ler o interrogatorio/entrevista a un “clon” humano un século despois xa da idea do desafío que representa este libro.** Cómo une o autor esta serie de relatos? Pois con unha cadea moi fina pero resistente gracias a sua habilidade para manter vivas cada unha das historias por separado, deixándote sempre abandonado no último momento, cando queres saber máis.**

Como acontece en Delitos a largo plazo temos varias historias independentes, alí unidas por un personaxe, que se complementan para dar unidade ao conxunto. O desafío aquí é maior, pois abrangue unha variedade de rexistros na escrita que falan ben da capacidade do autor para o seu traballo. Non só imaxina a situación e as tramas, se non que é capaz de dotalas de contexto simplemente polo xeito en que están escritos sen abrumadoras descricións. Deixa marxe a túa imaxinación para que completes o cadro.

O libro comeza suave, pero os seguintes relatos varían desde o humor ate a angustia existencial. Por exemplo, ler a historia de Somny-451 recorda as comeduras de coco de Roy Batty.

Personalmente a historia de Somni-451 e a de Timoty Cavendish parecéronme as máis interesantes e mellor escritas respectivamente, pero todo o libro lese con interese **e enténdese o que o autor nos quere transmitir. Que non sexa unha obra maestra non é un demérito, quizáis **eu personalmente esperaba que rematase as historias de outro xeito ou que** o nexo de unión entre elas fose máis forte**, polo xeito en que comeza o libro esperaba máis, creeime unhas expectativas difíciles de cumplir.

E de que trata o libro? Pois reflexiona sobre o poder, avaricia e o amor e as diferentes formas que adoptan e que tanto uns coma outros son cosustanciais ao ser humano. Así cómo se repiten os temas tamén se repiten as historias e a historia da humanidade independentemente do contexto social. O libro deixa ver certo pesimismo con respecto ao ser humano así como unha postura cínica sobre a dirección que levamos e o que nos espera no futuro. Aquí un par de citas ao respecto: i.

_El entretenimiento se lo buscaban ellos solos; los **consumidores** no pueden vivir sin Publicidad ni sin 3D, pero los **seres humanos** sí que pueden: lo hicieron durante siglos._

ii.

_Es un ciclo tan antiguo como el tribalismo. Todo comienza con la ignorancia. La ignorancia genera miedo. El miedo genera odio y el odio genera violencia. La violencia provoca más violencia hasta que la única ley viene dictada por **la voluntad del más fuerte.**_

Con respecto ao título do libro, fai referencia a que estaría ben ter algún mapa que nos guiase en todo este lío que é vivir. Un desiderativo.


Agora xa podo ver a película :D

Must read!!